O servizo de correo fornecido polo Consello da Avogacía Galega é únicamente para uso profesional. O Consello da Avogacía Galega garante, dentro das posibilidades da técnica, a confidencialidade das comunicacións. Non obstante, só os correos asinados dixitalmente garanten que o correo electrónico chega ao seu destino sen manipulación e sen ter sido lido por persoas alleas á comunicación. Noutro caso, os correos electrónicos (non só os remitidos polo servizo do Consello da Avogacía Galega, senón TODOS) viaxan por internet como se fosen postais, polo que é relativamente sinxelo que persoas malintencionadas poidan acceder ao seu contido.

A cota máxima asignada a cada usuario no servidor do Consello é de 150 Mb, polo que se recomenda baixar o correo ao ordenador particular (mediante un programa cliente, tipo Outlook Express, Thunderbird, etc), para liberar o espazo atribuído. Se non usa un programa dese tipo, senón que consulta o correo via webmail (é dicir, na páxina que vostede está a visitar neste preciso instante) podería ser necesario eliminar os correos antigos para liberar espazo e non chegar a ese límite máximo de 150 Mb por usuario.

Recoméndase eliminar o correo basura (SPAM) ou innecesario. Suxerimos que avise aos seus contactos para que non use a dirección de correo de avogacía para enviar arquivos como Power point, Mp3, videos (Avi, wma etc), que non teñan relación coa profesión. Para eses usos se recomenda que se abra unha conta en Hotmail ou gmail, máis axeitados e con máis capacidade.

O Consello da Avogacía Galega poderá:

Asemade, recordamos que cada usuario é responsable da súa chave (contraseña). As chaves están encriptadas e o Consello da Avogacía Galega non ten acceso a elas, polo que en caso de esquecelas, deberá seguir o proceso indicado para recuperalas.

Calquera incidencia con este servizo de correo haberá de consultarse con PÍNTEGA ENXEÑERÍA S.L.,no teléfono 902 90 06 80